No se utilizan cookies en este sitio web, no se almacena ningún dato ni registro de utilización del mismo. En ningún caso incluyen información personal o privada. ACEPTAR | Más información

Inicio

Consulta de Psicoloxía Clínica e Logopedia (desde 1991) Inma Casabiell.

Inma Casabiell

  • Psicóloga Especialista en Psicoloxía Clínica.
    Colexiada COP: G - 1135
  • Logopeda, Colexiada CPLG: 15/0148
  • Acreditación de Psicólogo Especialista en Psicoterapia, pola Federación Europea de Asociacións de Psicólogos EFPA, co N° de rexistro 00399
  • Registered EuroPsy Psychologist in Clinical and Health.
  • Registered EuroPsy Specialist in Psychotherapy.
  • Máster en Intervención Psicoterapéutica Cognitivo-Constructivista (UNED)
  • Diploma criminoloxía (USC)
  • Máster en Psicopatoloxía e Saude (UNED)
  • Terapeuta no programa Abramos o Circulo para homes que exercen violencia e no Programa de Atención Psicolóxica a Mulleres que sofren Violencia de Xénero do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia en colaboración coa Xunta de Galicia.
  • REXISTRO SANITARIO NÚMERO: C-36-001767
PROTOCOLO PARA AS PERSOAS USUARIAS DESTA CONSULTA POLA PANDEMIA DE CORONAVIRUS – COVID-19
    Para garantir a seguridade das persoas usuarias, a atención realizarase coas seguintes pautas de hixiene dadas polas autoridades sanitarias:
  • Se a persoa ten febre, tos e síntomas de enfermidade non pode acudir á consulta.
  • Aténderase con cita previa por teléfono e de maneira individualizada.
  • Manterase distancia de seguridade de 2 metros, excepto nos casos que por intervención requira cercanía.
  • Na entrada os usuarios utilizarán xel hidroalcohólico.
  • SÓ ABRIREMOS A PORTA ÁS HORAS SINALADAS de entrada e saída.
  • NON PODE QUEDAR NINGUÉN NA SALA DE ESPERA.
  • Só pode vir un acompañante co paciente e non pode agardar na sala de espera nin entrar na consulta (a excepción de persoas moi dependentes ou primeiras sesións con menores). Se o acompañante quere comunicar algo debe ser moi breve ou previamente á cita por whatsapp.
  • Os menores serán entregados e recollidos na entrada, respectando as marcas de seguridade. Prégase aos pais que sexan PUNTUAIS na entrega e na recollida.
  • Só poderá UTILIZAR o WC o PACIENTE en casos de extrema necesidade. Os FAMILIARES NON.
  • Prohibición de consumo de comidas, nin chicles nin similares. NON PODEN TRAER XOGUETES.
  • É OBRIGATORIO traer máscara BEN AXUSTADA á cara.
  • Se algunha persoa quere facer terapia online pode solicitalo.

Psicoloxía clínica

Diagnóstico e Tratamento de nenos, adolescentes e adultos... evitando ter que poñer etiquetas que fagan sentir á persoa enferma ou sen remedio. Informes psicolóxicos.

Infancia-adolescencia

  • Dificultades no desenvolvemento afectivo-emocional.
  • Determinar as causas do fracaso escolar.
  • Enurese, encoprese.
  • Ansiedade, fobias, depresión.
  • Problemas de conduta e de relación.
  • Problemas familiares.
  • Hiperactividade, déficit de atención, problemas académicos.
  • Déficit cognitivo (intelectual), capacidade intelectual límite.
  • Trastornos xeneralizados do desenvolvemento (T.E.A.)
  • Mutismo selectivo.

Adultos

  • Ansiedade, medos, fobias, angustia.
  • Ánimo baixo, decaemento, depresión.
  • Agresividade e problemas de control de impulsos, adiccións.
  • Alteracións alimentarias.
  • Trastornos adaptativos e de personalidade.
  • Conflitos familiares, de parella.
  • Maltrato.

Logopedia

  • Problemas de articulación
  • Dislalia (por exemplo mala articulación do /r/ ...)
  • Disglosia (labio leporino, fisuras palatinas...)
  • Disartria
  • Tartamudez
  • Afasias (perda da fala por lesión cerebral, ACV)
  • Retrasos da Fala
  • Retrasos da Linguaxe
  • TEL (Trastorno Específico da Linguaxe)
  • Problemas de lecto-escritura-cálculo (dislexia, disortografía, disgrafía, discalculia)
  • Dificultades de aprendizaxe escolar
  • Necesidades educativas especiais
  • Técnicas de estudo
  • Estimulación cognitiva temprana
  • Disfonías (alteracións da voz)
  • Deglución atípica
Logopedia

Metodoloxía

  • Tratamento individualizado ou en parella.
  • Técnicas Cognitivo Condutuais (TCC) e terapia ecléctica.
  • Utilización de probas e test actuais.
  • Asínanse orzamentos para as axudas económicas do MEC concedidas tódolos anos para tratamento psicolóxico e logopédico.
  • Realización de informes para cualificación de discapacidades en nenos e adultos.

Na intervención con menores de idade é preciso o consentimento dos proxenitores sempre que non estean privados da patria potestade. Se un dos pais se opón non iniciamos a intervención ata que teñamos autorización xudicial. Nos casos de violencia de xénero o procedemento é diferente.

Instalacións

Acceso adaptado
Unha mente pode cambiar grazas a outra mente (Bateman y Fonagy 2012)

Persoal

Inma Casabiell

Inma Casabiell

Psicóloga Especialista en Psicoloxía Clínica - Logopeda

REXISTRO SANITARIO NÚMERO: C-36-001767

Contacto

Cita previa de luns a venres no teléfono:
650.819.650
Dirección:
Rúa García Camba, N° 4, 4° piso, Oficinas C-D (Pontevedra).
Entrada de acceso desde el exterior
[Fronte ós leóns de correos]